Lugo, 6 de febreiro de 2026. A Deputación de Lugo aclara con rigor xurídico, base normativa e fidelidade ás resolucións xudiciais, o verdadeiro alcance das sentenzas ditadas en relación coa adquisición dunha acción de TRAGSA, fronte a interpretacións interesadas que non se corresponden coa realidade nin co contido efectivo dos pronunciamentos xudiciais do Partido Popular. “Unha vez máis mente e tenta enganar con informacións terxiversadas que non responden aos escritos xudiciais”.
O Pleno da Deputación, en sesión extraordinaria celebrada o 12 de abril de 2022, acordou ratificar ad cautelam a adquisición dunha acción de TRAGSA. coa finalidade de garantir a máxima seguridade xurídica. Este acordo plenario foi impugnado polo propio Partido Popular e o recurso foi desestimado integramente polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo. Este feito esencial, coñecido perfectamente por quen promoveu o recurso, está a ser omitido de maneira consciente, ao tempo que se pretende construír un relato que non se sostén xuridicamente.
A recente sentenza nº 48/2026 do Tribunal Supremo non anula nin invalida o citado acordo plenario. O seu pronunciamento limítase a resolver unha cuestión distinta e estritamente organizativa: determinar que a competencia para adoptar a decisión inicial correspondía ao Pleno da Corporación e non á Presidencia. Trátase dunha cuestión interpretativa que non estaba expresamente regulada na norma, o que deu lugar a criterios xurídicos diverxentes, como demostra o feito de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimase inicialmente a apelación da Deputación.
Precisamente por ese motivo, a actuación da Deputación resulta plenamente coherente, prudente e validada, xa que o Pleno xa se pronunciara con anterioridade mediante a ratificación ad cautelam, anticipándose para garantir a legalidade da decisión e evitar calquera efecto invalidante.
Así mesmo, o Tribunal Supremo aborda a cuestión xurídica verdadeiramente nuclear do procedemento: se resultaba esixible a elaboración dunha memoria económico-financeira para a integración da Deputación como medio propio de TRAGSA. Sobre este extremo, nin o Tribunal Supremo, nin o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nin o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo, nin a propia Maxistrada, avalan a tese defendida polo Partido Popular, coincidindo todos eles en que non existe unha previsión normativa clara que faga esixible dita memoria neste suposto concreto. Entenden que non é necesaria a presentación da memoria polo referido tanto no artigo 85 na Lei 4/2015, de Bases de Réxime Local, nin no artigo 83.6 da Lei 40/2015, do Réxime Xurídico do Sector Público.
Cómpre subliñar, ademais, que a Sentenza do Tribunal Supremo non se pronuncia en ningún momento sobre os encargos realizados a TRAGSA, nin declara a súa nulidade, polo que resulta incorrecto e xuridicamente inexacto afirmar o contrario, como vén de facer o Partido Popular.
O balance real das actuacións xudiciais
Desde unha perspectiva obxectiva e verificable, o balance xudicial das actuacións promovidas en relación con TRAGSA é claro:
– O Partido Popular promoveu varios recursos xudiciais en relación ao encargos e á adquisición de Tragsa como medio propio. A práctica totalidade deses recursos foron desestimados, incluído o interposto contra o acordo plenario do 12 de abril de 2022, hoxe avalado por sentenza firme.
– A única estimación obtida foi parcial e limitada exclusivamente a unha cuestión competencial, sen efectos invalidantes e sen consecuencias prácticas, ao existir xa ratificación plenaria.
– En ningunha resolución xudicial se lle deu a razón ao PP nas cuestións nucleares que defendía: nin na nulidade do acordo plenario, nin na obrigatoriedade dunha memoria económico-financeira, nin na invalidez dos efectos da adquisición da acción.
Por todo o anterior, a Deputación quere deixar claro que presentar este resultado como unha vitoria xurídica plena non se corresponde coa realidade. A realidade xurídica é que a actuación da Deputación foi avalada reiteradamente polos tribunais, mentres que as pretensións principais defendidas polo Partido Popular foron rexeitadas.
A Deputación de Lugo reitera o seu compromiso co respecto escrupuloso ao ordenamento xurídico, co cumprimento das resolucións xudiciais e cunha actuación institucional rigorosa, prudente e transparente. Así mesmo, porá a disposición pública as sentenzas para facilitar o seu coñecemento directo pola cidadanía e garantir unha información veraz fronte a interpretacións e manipulacións interesadas.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



