Esta edición, que reuniu a 26 centros de hostalería, contou cunha colaboración económica por parte da institución provincial de 3.000€ e a cobertura en directo da man do alumnado de Realización do Centro de Formación de Audiovisuais
Lugo, 27 de febreiro de 2026. O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres na entrega de premios dos Campionatos Internacionais de Baristas -XVIII Campionato de Baristas e XIII do Campionato de Cata-, que se celebraron desde este mércores no centro educativo IES de Foz. Nesta edición participaron 26 centros de hostalería chegados de 14 comunidades autónomas, así como centros de Portugal e Italia.
Ademais das diferentes probas que se realizaron ao longo destes días, o público tamén puido desfrutar de diferentes degustacións de café realizadas por baristas profesionais de once torrefactores. Así mesmo, tamén se celebrou a charla Indonesia: orixe e especialidade, a cargo de Raquel del Prado e Miguel Renau, da empresa Bean2be.
Francisco Cajoto felicitou a todos os premiados e premidas e recordou que “desde a institución provincial colaboramos con este certame, de referencia para o sector da hostalería e do café de especialidade, porque sitúa a Foz e a todo o conxunto da provincia no mapa internacional”.
Nesta liña, recordou que a Deputación de Lugo realiza unha achega económica de 3.000€ para a realización deste evento e destacou que “as tres xornadas do concurso puideron seguirse en directo grazas á retransmisión que fixo o alumnado de 2º de Realización do Centro de Formación de Audiovisuais a través de Youtube”.
A emisión en directo das xornadas dos Campionatos é unha das prácticas profesionais, en escenarios reais, que se inclúen na formación do estudantado da escola da Deputación. Unha ducia de alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de practicar nas diferentes funcións dun equipo técnico, entre outras: realizador, operador de cámara, editor de vídeo e de audio.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



