Contará cunha nova cadeira anfibia, máis moderna e de fácil manexo, para facilitar o uso dos areais ás persoas con mobilidade reducida
Barreiros, 6 de febreiro de 2026. A Xunta de Goberno do Concello de Barreiros vén de aprobar os investimentos que incluirá no Plan Deputación do ano 2026. Ademais de incluír unha parte para a financiación do SAF, actividades de deporte e cultura e actuacións en vías municipais, o goberno municipal decidiu nesta anualidade destinar unha parte do Plan Deputación a mellorar as dotacións dos equipos de Protección Civil e Socorrismo.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dun investimento de máis de 12.000 euros destinados a adquirir material “co que se pretende facilitar as funcións das persoas voluntarias de Protección Civil e tamén a prestación do servizo de socorrismo durante a tempada estival” .
“É unha aposta por seguir reforzando estes servizos que, nos últimos anos, xa foron mellorando notablemente en canto equipamento e funcionamento”, asegura a rexedora.
Cos fondos que lle corresponden a Barreiros, o Concello adquirirá cadeiras de altura para a vixilancia nos areais (recuperando este material que tivera que deixar de utilizarse desde hai anos polo seu deterioro), unha cadeira anfibia que mellorará o servizo para as persoas con mobilidade reducida e facilitará o seu uso, ao tratarse dunha cadeira moderna e de manexo máis sinxelo ca que xa posúe o Concello e unha padiola de asistencia, que se vén a sumar ás xa adquiridas en anos anteriores por este goberno municipal para tentar cubrir as necesidades de todas as praias con servizo de socorrismo.
Material para a Agrupación de Protección Civil.
Ademais do material destinado especificamente ao servizo de socorrismo, o Concello de Barreiros tamén adquirirá material para o voluntariado de Protección Civil. Así, á vista das actuacións que se levan a cabo e atendendo á demanda das propias persoas voluntarias, Barreiros contará cunha carpa móbil de 4×4 destinada ás actuacións de emerxencias ou seguridade. Deste xeito, a agrupación poderá contar cun punto de encontro nos operativos, de montaxe áxil e facilmente identificable, gañando en operatividade e visibilidade.
Ana Ermida sinala “a importancia deste tipo de investimentos para o propio Concello, xa que Protección Civil permítenos contar con eventos e operativos que de non existir ese voluntariado non teríamos capacidade de acoller.” Neste sentido, a mandataria barreirense quixo agradecer esa “labor silenciosa e discreta que realizan estas persoas, entregando parte do seu tempo libre a axudar e facilitar a vidas das veciñas e veciños”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



