Ribadeo, 25 de febreiro de 2026. O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de Tai Chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño. Está organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello ribadense.
Liming Yue comenzou a estudar artes marciais en China aos 11 anos. Despois de aprender dos mestres de Tai Chi máis hábiles e experimentados de China e estudar extensamente Qigong Interno con mestres do mosteiro da montaña Nanyue e do parque forestal de Zhangjiajie, o gran mestre Yue trasladouse da China continental ao Reino Unido, onde fundou o Centro de Tai Chi Estilo Chen en 1995. Agora dedica o seu tempo a impartir seminarios e a formar instrutores por toda Europa, ademáis de producir libros, dvds e vídeos instrutivos. Tamén ensina técnicas de Tai Chi na Facultade de Medicina da Universidade de Leeds e é profesor a tempo parcial na Universidade de Salford.
O gran mestre Liming Yue é embaixador mundial da promoción do Tai Chi pola organización de Chenjiagou e as autoridades do goberno local en China en 2009, debido á súa grande contribución e logros no Tai Chi do estilo Chen. Pertence á décimo segunda xeración de Mestres Chen.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “aos amantes do Tai Chi a anotarse e participar nesta cita os día 27 e 28 de xuño. Por segundo ano consecutivo contaremos cunha primeira figura desta práctica. Merece a pena aproveitar a ocasión. Haberá días extra o 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo”.
A inscrición acaba de abrirse. “Para aquelas persoas que non precisen aloxamento en Ribadeo estará aberta ata a data de celebración do evento”, explican desde a organización.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 636 39 93 95 e á seguinte dirección de correo electrónico: ga_bigijon@hotmail.com. O curso de Tai Chi terá lugar no pavillón da rúa Alfredo Deaño.




















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.


