Foz, 25 de febrero de 2026. Este venres, 27 de febreiro, Grupo Iriarte Artes Gráficas abrirá unha nova delegación en Foz, situada na rúa Calvario, 1. Nas instalacións traballará unha persoa en horario de 8:00 a 15:30 horas, aínda que o día da apertura o horario será excepcionalmente de 10:00 a 14:00 horas.
Os servizos que ofrecerá o grupo inclúen imprenta offset e dixital, serigrafía tradicional DTF e DTFUV, rotulación, estruturas publicitarias, sinalización e equipamento para contornas naturais, así como instalación de toldos.
Grupo Iriarte Artes Gráficas conta con sede en Ribadeo desde hai 28 anos e en Vegadeo desde hai 12, onde actualmente traballan nove persoas.
O propietario, Francisco Iriarte, explica que “lo que pretendemos es atender de cerca toda la demanda de trabajos que tenemos en Foz y sus alrededores, al igual que en la localidad asturiana de Navia, donde también estrenaremos instalaciones estos días”. Ademais, agradece “la fidelidad y el apoyo de nuestra clientela. En 28 años hemos ido adaptándonos a los tiempos, a las nuevas tecnologías y a las demandas del mercado”.
Con esta nova apertura, Grupo Iriarte Artes Gráficas continúa a súa expansión en Foz e tamén en Navia.
Os teléfonos da delegación de Foz son 982 14 30 60 e 600 452 452, e o correo electrónico de contacto é foz@iriarteag.com.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


