Lourenzá, 25 de febreiro, 2026. O vindeiro sábado, o Sindicato Labrego Galego organizará, coa colaboración do Concello de Lourenzá, unha charla sobre o cultivo do castiñeiro para froito. A sesión será impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, co propósito de divulgar o potencial e as particularidades dun cultivo rendible pero aínda pouco estendido na comarca.
O Sindicato Labrego Galego sinala a importancia de diversificar as fontes de ingresos nun contexto tan incerto como o actual, apostando por aproveitamentos sostibles e rendibles das terras agrarias que contribúan a evitar a implantación irregular de especies forestais.
A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, creada en xaneiro de 2024, leva desde entón desenvolvendo diversas actividades formativas e de difusión sobre os beneficios deste cultivo. Entre elas inclúense a divulgación de novidades de interese, o tratamento de aspectos culinarios e a organización de xornadas festivas e de degustación, unha labor que o Sindicato Labrego Galego manifesta o seu interese en apoiar e acompañar.
A xornada do sábado centrará a súa atención nos aspectos básicos do cultivo, orientados a persoas que se plantexan por primeira vez poñer en marcha unha plantación destinada á produción de castañas. Abordaranse cuestións como as características das parcelas máis axeitadas, os tipos de planta recomendados ou as variedades máis adecuadas para obter unha boa produción, ademais de resolver as dúbidas das persoas asistentes.
Tamén se dedicará un espazo a dar a coñecer o traballo da asociación, que, malia contar só cun ano de vida, xa desempeña un papel relevante como ponte entre a Universidade, os centros de investigación e as produtoras, facilitando o intercambio de novidades e necesidades en beneficio de todas as partes.
A presentación terá lugar no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 28 de febreiro ás 11:00 horas.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



