A alcaldesa, Ana María López, explica que “damos un paso muy importante para seguir mejorando los servicios municipales y, al mismo tiempo, apostar por unas instalaciones deportivas dignas y modernas”
Cariño, 9 de febreiro, 2026. O Pleno do Concello de Cariño aprobou o pasado xoves, 5 de febreiro, o POS+ 2026 da Deputación da Coruña, que contará cun orzamento total de 417.676,83 euros, destinados tanto a gasto corrente como a unha importante actuación de mellora no Estadio de Fútbol Municipal de Cariño.
Do importe total aprobado, 143.360,82 euros destinaranse a gasto corrente, o que permitirá reforzar a prestación dos servizos municipais e contribuír ao bo funcionamento diario do Concello. O resto do orzamento investirase na remodelación integral do campo de fútbol municipal, unha actuación demandada polos usuarios das instalacións deportivas.
O proxecto contempla a substitución do céspede artificial, a renovación das canalizacións laterais de evacuación de augas, así como a adquisición de novo equipamento deportivo, que incluirá catro porterías de fútbol 8, dúas porterías de fútbol 11 e novos bancos para fútbol 11, mellorando notablemente as condicións de uso e seguridade do recinto.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou a importancia deste investimento tanto desde o punto de vista deportivo como social, afirmando que “con la aprobación del POS+ 2026 damos un paso muy importante para seguir mejorando los servicios municipales y, al mismo tiempo, apostar por unas instalaciones deportivas dignas y modernas. El campo de fútbol es un espacio clave para nuestros niños, jóvenes y clubes, y esta actuación era una prioridad para el gobierno local”.
Esta actuación súmase ás obras de reparación e acondicionamento do Pavillón Municipal, que se atopan xa na súa última fase, moi preto da finalización dos traballos.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



