Viveiro, 10 de febreiro, 2026. O proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo pon en marcha unha oferta de formación complementaria dirixida a persoas que desenvolven actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro, así como a aquelas interesadas en emprender neste ámbito. A iniciativa busca reforzar competencias clave vinculadas á atención ao público e á mellora da experiencia turística asociada ao sector pesqueiro.
A formación estrutúrase en cursos titorizados en liña, cun prazo dun mes para a súa realización unha vez formalizada a inscrición. Ao remate de cada acción formativa, as persoas participantes recibirán un certificado acreditativo de que completaron o curso.
Os cursos irán abrindo progresivamente ao longo de febreiro:
Semana do 9 de febreiro: Habilidades sociais e atención ao público.
Semana do 16 de febreiro: Atención a persoas con discapacidade.
Semana do 23 de febreiro: Inglés para atención turística.
As inscricións deberán realizarse a través da web pescaeturismo.gal, na sección Formación → Cursos, onde se pode consultar a información de cada curso e seleccionar as accións formativas á que apuntarse.
Esta oferta formativa enmárcase no proxecto de cooperación Mar e Rías Pesca & Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. O proxecto ten como obxectivo estender a todas as comunidades costeiras galegas a promoción das actividades de pesca turismo e turismo mariñeiro dende o propio sector pesqueiro, contribuíndo á diversificación da actividade e á posta en valor do coñecemento e da identidade mariñeira.
Sobre esta base constrúese Mar e Rías Pesca & Turismo, un proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (70 %) e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia (30 %).




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



