Cando o capitalismo entra en crise profunda e ademais se sinte ameazado por outros paises, neste caso China; ou outras alternativas ideolóxicas como aconteceu nos anos trinta do século pasado co comunismo, gran parte das elites económicas buscan a toda costa protexerse impulsando movementos reaccionarios.
Este parece ser o seu proceder histórico que hoxe estamos a constatar coa vaga reaccionaria que se está a extender polas democracias liberais de Occidente.
Tentan así, asegurar e reforzar o sistema de explotación e acumulación, de facelo máis eficaz frente ás economías emerxentes. Un obxetivo que pasa, entre outras medidas, por arrasar cosas democracias liberais, apoiando fórmulas abertamente autoritarias e neofascistas que teñen no Trump ismo a súa manifestación máis evidente.
As orixes deste proceso reaccionario que estamos a vivir coido que agromar das transformacións que se produciron no último cuarto do século XX e que deron lugar ao definitivo esfarelamento da URSS e ao desenvolvemento da globalización neoliberal coa inestimable axuda dos enormes avances tecnolóxicos.
Isto último deu pé a que o poder económico lograra emanciparse do poder político que quedou ancorado nos límites do Estado-nacion mentres a economía transcendíaos globalizandose.
Desta maneira se rompía o equilibrio entre poder político e poder económico e como consecuencia, as institucións democráticas deixarían de responder aos intereses do ben común para converterse en correa de transmisión dos grandes poderes económicos e financeiros. Foi o primeiro gran golpe á democracia.
Neste novo contexto, as devanditas democracias fóronse baleirando do contido que lles era propio para ir transformándose en instrumentos políticos controlados polos grandes poderes corporativos.
Esta fórmula de control dos sistemas democráticos serviulle ás elites económicas máis de tres décadas, o tempo que necesitou China para construír un robusto aparato produtivo e poder disputar lle a hexemonía a EEUU no taboleiro económico e xeopolítico.
Mentres, no eido interno dos países democráticos foi medrando un profundo malestar social froito de que as democracias, colonizadas polo poder económico globalizado, deixaron de dar as respostas axeitadas aos problemas e demandas de amplos sectores sociais, o que remataría por deteriorar substancialmente as súas condicións de vida e as súas expectativas de futuro.
En definitiva, diante deste panorama de perda de hexemonía exterior e profundo malestar social interior, unha gran parte das elites económicas que dirixen grandes corporacións e plataformas así como moitos multimillonarios, semella que decidiron darlle as costas ás democracias liberais para abrazar fórmulas abertamente autoritarias e neofascistas, nun intento de seguir conservando e afortalando o seu poder interior e exterior.
Agora só queda por ver se os amplos sectores sociais perxudicados polas decisións das grandes elites económicas son capaces de identificar ao auténtico inemigo e actuar en consecuencia. Do contrario, o segundo golpe á democracia será definitivo.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



