Os concelleiros do PP afirman “non estamos a falar de simples baches, senón de auténticas fochancas que fan que circular por este acceso meta medo”
Vilalba, 1 de febreiro de 2026. O PP de Vilalba denuncia o pésimo estado no que se atopa o acceso ao polígono industrial de Vilalba, dende Baamonde, unha vía que presenta numerosos socavóns e desperfectos que supoñen un serio perigo para condutores e transportistas. “Non estamos a falar de simples baches, senón de auténticas fochancas que fan que circular por este acceso meta medo”, critican.
Para os populares resulta cando menos curioso o distinto criterio da alcaldesa á hora de reclamar actuacións segundo quen sexa o titular dunha infraestrutura. Recentemente, a rexedora criticou publicamente o estado da rotonda de acceso ao polígono —de titularidade da Xunta de Galicia— alegando que varias farolas estaban fundidas, o que reducía a visibilidade nun punto próximo ao enlace coa N-634 en dirección a Baamonde.
En contraposición, o goberno local “cala” ante o deplorable estado do acceso ao polígono industrial, unha vía que depende do Goberno do Estado e que se atopa nunha situación moito máis grave desde o punto de vista da seguridade viaria. “Esta falta de coherencia evidencia que as protestas da alcaldesa non responden ao interese xeral nin á seguridade dos veciños, senón a quen ostenta a titularidade da infraestrutura e a súa teima con confrontar sempre coa Xunta”, afirmaron.
Desde o Grupo Popular de Vilalba “esiximos á alcaldesa que actúe con responsabilidade institucional e defenda os intereses do municipio por riba de cores políticas, reclamando con firmeza ao Goberno central unha actuación inmediata para arranxar o acceso ao polígono industrial e garantir unhas condicións dignas e seguras para empresas, traballadores e usuarios”.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



