A iniciativa, posta en marcha en 2025, consiste en encontros abertos nas parroquias para coñecer de primeira man as preocupacións e propostas da veciñanza
O Vicedo, 27 de febreiro de 2026. O PSdeG do Vicedo iniciará ao longo do mes de marzo a segunda rolda da iniciativa “Escoitámosvos”, un proxecto de participación e proximidade co que a agrupación continúa percorrendo todas as parroquias do concello para escoitar directamente á veciñanza.
Esta iniciativa naceu coa finalidade de reforzar o contacto directo cos veciños e veciñas, coñecer de primeira man as súas preocupacións, recoller propostas e atender as inquedanzas que afectan ao día a día do municipio. Dende o PSdeG consideran que a política municipal debe basearse no diálogo constante, na transparencia e na presenza activa no territorio.
Durante a primeira rolda de encontros, celebrada nos últimos meses, abordáronse cuestións relacionadas cos servizos públicos, o estado das infraestruturas, a limpeza e mantemento dos espazos públicos, a seguridade viaria e outras necesidades específicas das distintas parroquias. As achegas recollidas permitiron trasladar ao Pleno municipal diferentes propostas e iniciativas.
Con esta segunda rolda, que se desenvolverá ao longo de marzo, o PSdeG do Vicedo reafirma o seu compromiso de seguir facendo unha oposición útil, construtiva e centrada nas persoas.
Dende a agrupación animan a toda a veciñanza a participar activamente nestes encontros, destacando que “escoitar é o primeiro paso para mellorar”.






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



