Ribadeo, 27 de febreiro, 2026. Un ano máis, o alumnado de 4º de ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo celebrou o Día dos Humedais na Ría de Ribadeo. Acompañados pola profesora de Bioloxía, Susi Besteiro, dedicaron a mañá a percorrer a ría para estudala como ecosistema e promover a sensibilización sobre a importancia do patrimonio natural.
O primeiro obxectivo da saída foi a observación de aves invernantes. Co apoio de prismáticos e telescopios, o alumnado puido identificar especies como patos asubións (Anas penelope), patos rabudos (Anas crecca), garzas reais (Ardea cinerea), garcetas comúns (Egretta garzetta), espátulas (Platalea leucorodia), correlimos (Calidris alpina), zarapitos (Numenius arquata), cormoráns (Phalacrocorax carbo) ou alavancos reais (Anas platyrhynchos). Non foi posible ver a coñecida Panchita, a águia pescadora que adoita pasar o inverno en Ribadeo, xa que, malia ser avistada recentemente, dous días despois xa fora localizada en Orleáns, onde cada primavera regresa para reproducirse.
O segundo obxectivo consistiu en analizar as tres grandes comunidades vexetais presentes nas distintas zonas do ecosistema: desde as pradeiras mergulladas de Zostera, que cobren a Enseada da Lieira en baixamar, ata as xunqueiras e canaveiras que aparecen a partir das enseadas de Vilavedelle e Vegadeo, adaptadas a niveis de salinidade cada vez menores.
O terceiro obxectivo —e o máis relevante— foi fomentar o coñecemento e a valoración do medio natural. Só entendendo a riqueza dun humedal de importancia internacional como a Ría de Ribadeo pode xurdir o compromiso de conservalo e o sentimento de privilexio por vivir ao seu carón.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



