O Ministerio de Cultura destinou 13.888,85 euros ás bibliotecas lucenses premiadas para apoiar programas de dinamización lectora
Barreiros, 11 de marzo de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou hoxe o Concello de Barreiros acompañada pola alcaldesa, Ana Ermida, e pola tenente de alcaldesa, Carmen Veiga, para coñecer de primeira man o traballo da Biblioteca Pública Municipal tras ser distinguida cos Premios María Moliner, que concede o Ministerio de Cultura para recoñecer proxectos de animación á lectura en municipios de menos de 50.000 habitantes.
Durante a visita, a subdelegada destacou a importancia das bibliotecas públicas como “espazos de encontro, aprendizaxe e acceso á cultura, especialmente no ámbito rural”.
A biblioteca de Barreiros foi premiada polo proxecto “A maxia da lectura”, unha iniciativa que aposta por achegar a lectura a toda a veciñanza a través dunha ampla programación cultural e educativa, con actividades que se desenvolven tanto na propia biblioteca como en centros educativos, asociacións e diferentes parroquias do municipio. O proxecto incluíu obradoiros, contacontos, encontros literarios, programación teatral, clubs de lectura e iniciativas de extensión bibliotecaria co obxectivo de fomentar o hábito lector en todas as idades.
No marco da convocatoria correspondente ao ano 2025, o Ministerio de Cultura concedeu a Barreiros unha axuda de 2.777,77 euros para apoiar o desenvolvemento deste programa de dinamización cultural e lectora.
Na provincia de Lugo foron recoñecidos cinco concellos nesta edición: Barreiros, Antas de Ulla, Ribadeo, Sarria e Sober, que recibiron cada un deles a mesma contía económica. En total, o Goberno de España destinou 13.888,85 euros ás bibliotecas municipais lucenses premiadas nesta campaña.
A subdelegada puxo en valor o compromiso dos concellos coa promoción da lectura e co fortalecemento da rede de bibliotecas públicas, subliñando que estes proxectos contribúen a facer da cultura unha ferramenta de cohesión social e de acceso ao coñecemento para toda a cidadanía.
Finalmente, López felicitou ao equipo da biblioteca e ao Concello de Barreiros polo traballo desenvolvido e polo impacto que iniciativas como esta teñen na vida cultural e educativa do municipio.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



