Este ano está prevista a presenza de participantes de distintos puntos de España, así como dun grupo de Portugal
Viveiro, 20 de marzo de 2026. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta mañá a Carreira de Montaña CAMOVI, nun acto no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. O evento, que chega en 2026 á súa 15 edición, celebrarase o 18 e o 19 de abril e enmárcase na aposta que Turismo de Galicia está facendo en Viveiro apoiando a súa promoción turística e potencial deportivo, as festas locais e festivais coma o Resurrection cun investimento global de case de 1M€.
Xosé Merelles destacou na presentación a aposta da Xunta polos eventos deportivos que, lembrou, “concentran un importante poder de convocatoria para o turismo”. Neste sentido, destacou que o turista que viaxa a Galicia por motivos deportivos gasta de media diaria 119,5€ por persoa e día, o segundo máis elevado despois do turismo de congresos e feiras, segundo os datos da Enquisa de Turismo de Residentes dos últimos dous anos e a falta dos datos do último trimestre de 2025.
“Desde a Xunta de Galicia estase a promover esta modalidade turística”, sinalou Merelles. Un impulso que se exemplifica, engadiu, con eventos coma a carreira CAMOVI, que conta cunha programación variada, a través da que poñer en valor o turismo deportivo.
Xosé Merelles abundou ademais no impacto do turismo deportivo na desestacionalización e a distribución territorial da oferta, lembrando que CAMOVI reúne anualmente nas súas edicións un promedio dunhas 1.000 persoas en Viveiro, o que contribúe a impulsar a Mariña luguesa como destino turístico fóra de tempada.
Precisamente, durante o mes de xaneiro, 1.523 persoas fixeron 2.735 pernoctacións na localidade, o que supón un ascenso do 3,9% e do 5,6%, respectivamente, en relación a xaneiro de 2025.
CAMOVI
A carreira de montaña Montes de Viveiro-CAMOVI ten a súa orixe nun reto que xurde para percorrer todos os montes que rodean o Val do Landro en Viveiro. Desde 2011, a carreira foi evolucionando ata que en 2016 foi seleccionada como a 2ª proba da Copa de España de Carreiras de Montaña. Este ano está prevista a presenza de participantes de distintos puntos de España, así como dun grupo de Portugal.
A programación do evento divídese en dúas xornadas, baixo a clave de ofrecer unha experiencia integral do destino Viveiro. Durante o sábado 18 de abril celebraranse a andaina e as carreiras infantís, mentres que o domingo 19 desenvolveranse as catro modalidades de carreira -maratón, media maratón, 10 quilómetros e relevos-.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.