Hoxe vou falar da frustración histórica de Galiza, un sentimento colectivo que según os que saben, non só tivo unha das súas causas no que Castelao denominou: “doma e castración do Reino de Galiza” que se materializou no control do poder político e eclesiástico pola monarquía castelá, senón tamén, pola prematura derrota das camadas emerxentes galegas, nomeadamente, a derrota irmandiña de finais do século XV.
Todo parece indicar que estes dous acontecementos sentaron as bases do noso atraso económico e da nosa marxinación política que acabaron provocando, entre outras cousas, unha emigración masiva nos séculos XIX e XX.
Estamos a falar do período máis escuro e prolongado da nosa historia, que se estende ata o século XIX no que aparece o chamado Rexurdimento. Unha anovada conciencia emerxente que poría os cimentos do desenvolvemento do nacionalismo de principios do século XX.
Sería este un claro e decidido intento de trocar o rumbo da nosa historia, poñendo en valor ao país e dándolle forma xurídica de seu coa elaboración e posterior aprobación do Estatuto de 1936.
Pero este gran soño, pronto acabaría por se truncar, xa que o agromar da nova conciencia galeguista e modernizadora acabaría sendo perseguida por unha tráxica vaga reaccionaria e opresora en forma de guerra civil e posterior ditadura militar. Daría comezo unha “longa noite de pedra” que frustraría aquel renacer galeguista liderado por un amplo abano de persoas senlleiras que acabarán fusiladas, exiliadas ou silenciadas
E outra volta volver empezar para dobrar o século XX recibindo meros reflexos do proceso de crecemento español producido polo Plan de Estabilización de 1959. Unha especie de sucedáneo modernizador que en nada se asemellan a un auténtico proceso de transformación endóxena porque, entre outras cousas, non estabamos en condicións de facer nosas as repercusións do cambio que se estaban a producir no resto do Estado, agás o polo industrial de Vigo que de forma serodia sería quen de desenvolver, dende as propias potencialidades marítimo-pesqueiras, un proceso de desenvolvemento auto-centrado que tería sido un bo exemplo a seguir polo resto dos sectores económicos do país se a Guerra civil e logo a ditadura franquista non destruíran as condicións político-sociais para pular por il.
Así, chegada a actual democracia con esta situación de febleza das forzas de tradición galeguista, xa ía resultar moi difícil cambiar a dinámica histórica de dependencia para poder gobernar Galiza en clave de país, priorizando os intereses autóctonos sobre os particulares e alleos, nomeadamente, das grandes empresas e oligopolios que nunca tiveron a intención de implementar proxectos incardinados na nosa economía real, pero si, de expoliar os nosos recursos naturais baixo a complicidade e amparo da maioría dos gobernos autonómicos.
E deste secular proceso de dominación política e expolio económico nace o noso sentimento colectivo de frustración.


















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



