O Goberno reforza o mantemento das vías en toda a provincia, neste caso as que conectan o interior coa costa, fundamentais para a actividade económica e social do norte de Lugo
Foz, 11 de marzo de 2026.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou hoxe no Concello de Foz as obras de mellora do firme que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar na estrada N-642, dentro do conxunto de actuacións incluídas no sector 2 de conservación de estradas do Estado na provincia, que conta cun investimento global de 3,4 millóns de euros.
Na visita estiveron tamén presentes o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e Francisco Muñoz, enxeñeiro técnico de Obras Públicas do Estado da Unidade de Estradas en Lugo, quen explicou os detalles técnicos das actuacións que se están a desenvolver neste tramo, con 9 máquinas en funcionamento e preto de 20 persoas traballando.
Os traballos consisten no fresado do pavimento existente e na reposición do firme, unha intervención destinada a mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria nunha estrada que soporta un importante volume de tráfico.
Durante a visita, Olimpia López subliñou a importancia destas actuacións nunha zona na que as infraestruturas viarias cumpren un papel esencial na conexión entre o interior da provincia e a costa lucense.
“A Mariña conta cunha rede de estradas estratéxica para a mobilidade diaria da veciñanza, para o transporte de mercadorías e para a actividade económica da comarca, por iso o Goberno mantén un compromiso claro co seu mantemento e mellora”, sinalou a subdelegada.
López explicou que estas obras forman parte do programa de conservación e mantemento das estradas do Estado no norte da provincia, que inclúe vías tan relevantes como a N-634, a autovía A-8, a N-642 e a N-640, todas elas fundamentais para vertebrar o territorio e facilitar os desprazamentos entre concellos.
“A conservación das estradas é unha tarefa constante que require planificación, investimento e presenza no territorio. O Goberno de España está a reforzar ese esforzo para garantir que as infraestruturas estean á altura das necesidades da cidadanía”, afirmou.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



