A institución provincial achega 3.000€ á proba, que contará con catro distancias e diferentes niveis-curta, media, longa e gravel- e as inscricións estarán abertas ata o 30 de marzo na web de CCNorte
Lugo, 23 de marzo de 2026. A Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Ruta BTT San Simón da Costa, unha proba deportiva que terá lugar o vindeiro 4 de abril e discorrerá polos concellos de Vilalba, Muras e Xermade. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este luns no Salón de Actos do Concello de Vilalba na presentación da cita, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas; o Alcalde de Muras, Manuel Requeixo; e o organizador da proba e presidente do Club Ciclista Terra Chá, José Carreira.
Na súa intervención, Pablo Rivera puxo en valor este tipo de iniciativas que combinan deporte, natureza e promoción do territorio, destacando que a Ruta BTT San Simón da Costa “é un claro exemplo para fomentar o deporte, dinamizar o territorio e promover un modelo de turismo sostible vinculado á natureza e á identidade da provincia”. Subliñou ademais a importancia deste tipo de eventos, “que contribúen a atraer visitantes, xerar actividade económica e promover hábitos saudables, ao tempo que permiten dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais da comarca”.
A institución provincial achega 3.000 euros para a organización desta proba, que contará con catro distancias adaptadas a distintos niveis de dificultade co obxectivo de favorecer unha ampla participación. A ruta curta terá 45 quilómetros e 700 metros de desnivel positivo; a media, 65 quilómetros e 1.700 metros de desnivel; a longa, 75 quilómetros e 2.000 metros de desnivel positivo; e a modalidade gravel, 70 quilómetros e 1.600 metros de desnivel positivo. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 30 de marzo a través da páxina web de CCNorte, na seguinte ligazón: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3224/x-ruta-btt-terra-cha-do-queixo-san-simon-da-costa#.
O Deputado de Promoción Económica e Social subliñou o feito de que os diferentes percorridos teñan saída desde a capital chairega, coincidindo coa celebración da feira do Queixo de San Simón da Costa. “Se hai algo que define esta terra, é a súa excelencia gastronómica, e o Queixo de San Simón da Costa, xunto co Capón de Vilalba, son dous dos seus grandes emblemas, que levan o nome de Vilalba con orgullo.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.

