Ribadeo, 11 de marzo, 2026. O BNG de Ribadeo celebra a resolución emitida pola Valedora do Pobo, que lle dá a razón fronte ao goberno municipal do Partido Popular por negar o acceso á información municipal á que o grupo nacionalista ten dereito como parte da oposición.
A queixa fora presentada polo BNG tras constatar dificultades reiteradas e negativas continuadas por parte do executivo local para facilitar documentación relacionada con Rdiversos asuntos da xestión municipal, entre eles facturas, expedientes e información sobre empresas e servizos contratados polo Concello.
A resolución da Valedora do Pobo recoñece que o grupo municipal do BNG viu vulnerado o seu dereito de acceso á información, imprescindible para exercer a súa función de control e fiscalización do goberno local.
O portavoz do BNG de Ribadeo, Martín Graña, afirmou que esta resolución “confirma o que levamos denunciando desde hai tempo: o goberno do PP está a poñer trabas sistemáticas á transparencia e ao dereito da oposición a acceder á información municipal”.
Graña lembrou que “o acceso á información non é un favor que concede o alcalde, senón un dereito democrático fundamental para garantir o control da acción de goberno e defender os intereses da veciñanza”.
O BNG tamén cuestiona se esta actitude de bloqueo responde a algún interese en ocultar información. “Cando se poñen tantas dificultades para acceder á información pública, é inevitable preguntarse se hai algo que non se quere que se coñeza”, apuntou o portavoz.
A formación nacionalista anunciou que volverá solicitar acceso aos expedientes relacionados co Hospital-Asilo de Ribadeo, despois de que o goberno municipal lles denegase esa documentación a pasada semana. “Imos volver pedila porque temos dereito a consultala e porque é a nosa responsabilidade como oposición”, explicou Graña.
O BNG conclúe advertindo que, se o goberno municipal persiste na súa negativa, volverán acudir á Valedora do Pobo para defender os dereitos democráticos da oposición e garantir a transparencia na xestión municipal.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



