Ribadeo, 19 de marzo de 2026. A XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 12 de setembro. As inscricións quedan abertas no día de hoxe.
O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “presentamos hoxe a décimo segunda Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 12 de setembro. As inscricións quedan abertas no día de hoxe, 19 de marzo, a partir das 19:00 horas”.
O edil ribadense subliñou que “desde a organización agardamos que sexan moitas as corredoras e os corredores que se animen a participar nesta nova edición da media maratón. O ano pasado foron máis de 700 os deportistas que cruzaron a meta dos 1.076 inscritos e agardamos poder superar esas cifras neste 2026. Moitos corredores e corredoras veñen acompañados das súas familias ou de grupos de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”.
O concelleiro de Deportes tivo palabras de agradecemento para os colaboradores: “tamén queremos agradecer a todos os colaboradores a súa implicación coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais”.
Desde El Progreso manifestaron que “no grupo El Progreso estamos encantados de colaborar un ano máis con esta importante cita deportiva, que reúne a centos de corredoras e corredores chegados en equipo ou acompañados polas súas familias e amizades para disfrutar da carreira e dunha fin de semana do verán en Ribadeo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou que “toda actividade desta índole ten repercusións positivas na economía local e iso é sempre moi importante. Estamos a falar dunha fin de semana do mes de setembro, aínda no verán, na que participantes e acompañantes aproveitarán para gozar da nosa vila, da súa paisaxe, do seu patrimonio cultural, da súa gastronomía e do seu comercio. Ribadeo ten moito que ofrecer, sempre sorprende aos que chegan aquí por primeira vez, que quedan encantados e repiten experiencia deportiva e turística”.
Na presentación que tivo lugar no pavillón de deportes de Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega, a atleta Julia Vaquero, as concelleiras e concelleiros Francisco José Silvent, Montse Seijo, Elena Sierra, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Diego Dos Santos, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, o xornalista Pablo Villapol en representación do Grupo El Progreso, a autora do cartel Sandra González e o técnico municipal de Deportes, Iván López.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
