O delegado territorial, Javier Arias, explica que o contrato inclúe actuacións de reforma de inmobles na praza Muíños de Arriba e nas rúas Guevara, Progreso, Febrero e Álvaro Cunqueiro
Lugo, 4 de marzo de 2026. A Xunta adxudicou por un importe de 2,8 millóns de euros as obras de rehabilitación de seis edificios para crear 10 vivendas de promoción pública (VPP) en Mondoñedo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que estas actuacións enmárcanse no Programa Rexurbe, co que a Administración autonómica está a adquirir inmobles en centros históricos para rehabilitalos con destino a alugueiro accesible.
Os novos domicilios serán froito da rehabilitación integral dun edificio para unha vivenda e un rocho na praza Muíños de Arriba 24; dous inmobles para catro VPP e catro rochos na rúa Guevara 7 e 9; un edificio para unha VPP na rúa Febrero 30; e outro para dúas VPP na rúa Álvaro Cunqueiro 34. Tamén se inclúe a remodelación e reforzo estrutural de dúas VPP e mellora da envolvente térmica dun inmoble na rúa Progreso 10 da localidade.
As vivendas acondicionadas serán catalogadas como de promoción pública con cualificación permanente e pasarán a formar parte do parque de vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Serán adxudicadas en réxime de alugueiro accesible entre as persoas inscritas no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia. O prazo para darse de alta neste rexistro está aberto todo o ano, e pode facerse en liña dende a sede electrónica da Xunta.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



