Na reunión deste luns fíxose entrega de produto atraente de balde para loitar contra as raíñas na primavera
Cervo, 23 de marzo do 2026. O Concello de Cervo convocou para este luns un encontro coas persoas apicultoras do municipio co obxectivo de analizar en profundidade a situación actual da avespa velutina, así como o seu impacto nas colmeas e na produción apícola local.
Durante a xuntanza, na que participou a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, púxose en común a evolución da praga nos últimos meses, así como as principais preocupacións do sector, facendo fincapé na necesidade de continuar impulsando medidas preventivas e de control que contribúan a minimizar os danos provocados por esta especie invasora. Neste sentido, dende o Goberno local subliñaron a importancia de manter unha comunicación directa e constante coas persoas apicultoras, co fin de dar resposta ás súas necesidades e apoiar o seu traballo.
Tal e como explicou, “dende o Concello seguimos traballando da man das persoas apicultoras porque somos plenamente conscientes da importancia do seu labor e do impacto que a velutina está a ter nas súas explotacións”. Así mesmo, engadiu que “é fundamental actuar na primavera, que é o momento clave para frear a expansión da praga, e por iso reforzamos esta campaña de entrega de atraentes”.
Méndez tamén puxo en valor o traballo realizado nos últimos anos, destacando que “levamos desenvolvendo esta iniciativa dende o ano 2017, e grazas á colaboración co sector conseguimos mellorar a resposta fronte á velutina”. Ademais, incidiu en que “imos seguir escoitando ás persoas afectadas e adaptando as medidas ás súas necesidades para que sexan o máis eficaces posible”.
Precisamente, no marco desta reunión celebrada este luns, procedeuse á entrega de produto atraente de balde ás persoas asistentes, co obxectivo de actuar de maneira directa sobre as raíñas durante a primavera, período clave no ciclo desta especie. Esta actuación resulta fundamental para reducir a formación de novos niños nos meses posteriores e, en consecuencia, limitar a expansión da praga no territorio.
Dende o Concello de Cervo “reiteramos así o noso compromiso co sector apícola e co medio natural, e continuaremos traballando de maneira coordinada coas persoas afectadas para implementar medidas como esta que contribúen a combater a velutina de forma eficaz e sostida no tempo” conclúe.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



