Foz, 9 de marzo, 2026. A Asociación Cuiden Maiores e Coidadores porá en marcha en Foz un Grupo de Apoio Mutuo dirixido a familiares que coidan de persoas maiores no fogar. A iniciativa busca ofrecer un espazo de encontro, escoita e apoio entre persoas que viven a realidade do coidado no ámbito familiar.
O grupo iniciará a súa actividade o martes 24 de marzo de 2026 e reunirase cada quince días, en horario de 16:00 a 17:30 horas. Esta primeira edición desenvolverase como experiencia piloto de tres meses, cun total de seis sesións.
A actividade está pensada para familiares coidadores de persoas maiores, con ou sen demencia, e contará cun grupo reducido para favorecer a participación, a confianza e o respecto aos tempos de cada persoa.
O obxectivo é crear un espazo no que as persoas participantes poidan compartir experiencias, expresar como viven o coidado e sentirse comprendidas por outras persoas que atravesan situacións semellantes.
Desde a Asociación Cuiden Maiores e Coidadores lembran que o benestar das persoas maiores non se pode entender sen ter en conta tamén a realidade de quen as coida cada día.
“Moitas persoas coidan dos seus maiores durante anos con enorme responsabilidade, pero tamén con cansazo, soidade e pouca visibilidade social. Este grupo nace para que esas persoas teñan un espazo onde sentirse escoitadas e acompañadas”, sinalan.
A posta en marcha desta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Foz e de Decibel Audiología de Meira.
A participación será gratuíta, pero as prazas están limitadas a un máximo de 12 persoas, polo que é necesaria inscrición previa.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza chamando ao 644 032 222.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



