Alfoz, 18 de marzo, 2026. O vindeiro domingo celebrarase en Mondoñedo a presentación da cuarta novela do escritor alfocés Lionel Rexes. As donas da noite, galardoada en 2025 co Premio “Balbino de Relatos” convocado por Edicións Fervenza, está dirixida ao público xuvenil, aínda que resulta acaída para lectores de todas as idades.
A obra aborda temas como a relación entre o mundo urbano e o rural, así como a chegada de persoas novas procedentes da cidade a contornas aldeás. A novela tamén reflexiona sobre a acollida de determinadas ideas e a comprensión das causas sociais no ámbito rural. A partir destas premisas, constrúese unha trama que segue a un grupo de catro universitarios que viaxan a unha aldea coa intención de planificar a creación dun sindicato estudantil. Na comarca contan coa axuda dunha persoa maior ca eles, que os guiará tanto ideoloxicamente como na descuberta dun universo descoñecido, complexo e por veces delirante.
A presentación terá lugar na Casa da Penela, un establecemento de turismo rural situado na parroquia mindoniense de Vilamor. Este espazo converteuse no lugar habitual onde Rexes dá a coñecer as súas obras, pois foi alí onde, de maneira casual, xurdiu hai dez anos a idea da súa primeira novela, A raíña das velutinas. O acto servirá tamén como lembranza daquela xornada arredor da memoria histórica que inspirou o autor.
Nesta ocasión, Lionel Rexes estará acompañado por Xulio R. Leiras —activista cultural e sindicalista mindoniense— e por Bernardo Penabade, profesor xubilado de lingua e literatura, impulsor do Proxecto Neo e da Escola para Neofalantes.
Obras de Lionel Rexes
• A raíña das velutinas (Xerais, 2017) – Premio “Lueiro Rey” de Novela
• A montaña do poeta (Xerais, 2022) – Premio “Lueiro Rey” de Novela
• Nove lúas (Ed. Embora, 2024) – Premio “Neira Vilas” de Novela
• As donas da noite (Ed. Fervenza, 2025) – Premio “Balbino” de Relatos
• O terceiro desexo (inédita) – Premio “Vilar Ponte” de Novela (2024)























Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



