Lugo, 21 de marzo de 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para avaliar os avances realizados no municipio en materia de mobilidade de terras. Neste sentido, abordaron o estado da obra para dotar á parcelaria de Triabá dunha rede de 30 novos camiños, unha actuación que conta cun orzamento de máis de 4,2 millóns de euros ata 2028.
A través desta actuación, iniciada xa en outubro de 2025, mellorarase unha parcelaria que abrangue unha superficie de 1.163 hectáreas, dentro das que se atopan 3.144 parcelas de algo máis de 550 propietarios. Ademais, no ámbito de infraestruturas rurais, cómpre salientar que o concello de Castro de Rei conta cunha axuda aprobada de case 88.500 euros, no marco do Plan Camiña Rural 2025-2026, coa que se está levando a cabo unha serie actuacións en varias vías de titularidade municipal.




















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



