Navia, 4 de marzo, 2026. A alcaldesa de Navia, Ana Isabel Fernández, mantivo recentemente unha reunión de traballo co xefe da Demarcación de Costas en Asturias, Fernando de la Torre, e co equipo técnico do organismo, para coordinar as actuacións necesarias no litoral do municipio.
A raíz das inspeccións técnicas realizadas nos últimos días, ambas partes coinciden en sinalar que un tramo da escollera do paseo marítimo presenta un risco de colapso debido ao impacto do mar. Segundo se aprecia no material gráfico achegado, a estrutura atópase seriamente comprometida, polo que require unha intervención inmediata pola vía de emerxencia.
Grazas a este labor de seguimento previo, xa se dispón do estudo técnico que valora a obra en 530.000 euros. O proxecto será remitido ao Ministerio para a súa aprobación definitiva por vía de emerxencia. “Coincidimos con la Demarcación en que esta infraestructura requiere una actividad inmediata; el riesgo es evidente en las imágenes y nuestra prioridad es que la solución llegue cuanto antes para garantizar la seguridad del paseo”, sinalou a alcaldesa.





















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



