Foz, 17 de marzo de 2026. O Concello de Foz continúa investindo na mellora dos servizos municipais e da cultura, concretamente na biblioteca Salgado Tomil e nas instalacións de RadioFoz.
“A finais do ano 2024 abriuse a sala de estudos da biblioteca municipal Salgado Toimil. Fixemos un investimento de máis de 12.000 euros en equipamentos e mellora da antiga sala de exposicións da Casa da Cultura, cumprindo unha petición dos estudantes focegos: ter un espazo para estudar, nas condicións dunha biblioteca universitaria”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “iso xunto ao horario de 8.30 da mañá á 8 da tarde ininterrompido de luns a venres, fai que sexa un lugar sempre moi concorrido. Mais as necesidades da Casa da Cultura continúan, polo que decidimos investir máis de 31.000 euros na mellora do equipamento da biblioteca e da radio municipal, para o que tamén solicitamos unha axuda á Xunta de Galicia. O traballo na biblioteca continúa mellorando os fondos literarios, cun investimento anual de preto de 10.000 euros, así como moitas actividades de dinamización da lectura entre os máis pequenos e os coles. Agora a biblioteca é un lugar social onde os pais lles len aos pequenos e onde se poden facer traballos grupais”.
O alcalde, Fran Cajoto, pon en valor os novos servizos da Casa da Cultura de Foz, que están a ter moi boa acollida: “En maio do 2023 estreamos a nova web municipal e abrimos RadioFoz a internet, polo tanto agora podemos escoitar a radio pública desde calquera lugar do mundo. En novembro do 24 inauguramos a sala de estudo do primeiro andar, que tantos opositores e estudantes usan a diario. Nestes últimos meses vimos de cambiar a iluminación, pintar o espazo e mellorar o mobiliario da biblioteca, tanto para os grandes como para os máis pequenos. E no tocante á radio, renovamos por completo os antigos equipos dotándoa de novos procesadores, módulos para chamadas telefónicas e equipamentos informáticos e de software, para dixitalizar todos os procesos. Tamén incluímos un equipo portátil que nos vai a permitir emitir en directo desde calquera punto do Concello; un salto que xa están a notar todos os oíntes na calidade das emisións. E seguimos traballando. Os próximos retos están na mellora do salón de actos e da pintura exterior do edificio, así como unha futura mellora de horarios, para que a Casa da Cultura Poeta Manuel María siga tendo moita vida”.























Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



