Ortigueira, 13 de marzo de 2026. O Goberno local de Ortigueira iniciará o vindeiro luns, 16 de marzo, a negociación cos sindicatos para a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT). Este documento técnico, clave para a organización administrativa do Concello, propón unha mellora substancial nas condicións económicas do persoal municipal.
De saír adiante a proposta, a nova RPT suporá un incremento salarial de máis de 500.000 euros anuais para o conxunto dos traballadores e traballadoras do Concello. O alcalde, Valentín Calvín, defendeu a necesidade deste paso para garantir que o labor do persoal público se vexa debidamente recoñecido nas súas nóminas.
Cara a unha remuneración máis digna
O rexedor subliñou que a actualización da RPT é unha prioridade para o executivo local, partindo da premisa de que un servizo público de calidade require unha plantilla motivada e xustamente retribuída. “El profesional tiene que estar bien pagado y remunerado para que su profesionalidad se vea recompensada en un salario digno”, declarou Calvín.
Con esta negociación, o Concello busca modernizar a súa estrutura interna e corrixir desequilibrios, asegurando que o esforzo diario do persoal público para atender á veciñanza de Ortigueira se traduza nunha mellora real das súas condicións laborais.
Ademais, de chegar a un acordo, poríase fin a unha situación que se arrastraba desde hai máis dunha década.





















Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



