Burela, 7 de marzo, 2026 O derbi galego en Vista Alegre comezou cun ritmo alto e ocasións rápidas. Judith dispuxo da primeira chegada perigosa cun disparo que saíu rozando o pau tras un pase errado de Sandra. Pouco despois, Ana Eliza tivo que intervir por dúas veces ante dous remates consecutivos da propia Judith Pedreira, o primeiro deles tras un saque de esquina. No mesmo minuto, Ayensa estrelou o balón no pau e a porteira brasileira volveu aparecer para deter co pé un disparo de Carla.
O Burela tardou en chegar con claridade á área rival, e non foi ata o final do minuto cando Cris Blanco probou fortuna cun tiro que Ana Romero detivo sen problemas. No 4, Ana Eliza volveu despexar con ambas mans ante a presión intensa dun Ourense moi activo nos primeiros compases.
No minuto 5, Marta enviou outro balón ao pau tras un rexeite dun disparo afastado de Ana Rivera. O Burela tentou responder cun saque longo de Ana Eliza que Sandra culminou cun centro ao que Lara non chegou por pouco. A partir de aí, o conxunto laranxa conseguiu manter máis tempo a posesión, aínda que sen ocasións claras, pero cunha defensa sólida.
No 11, Ana Eliza volveu aparecer para deter un disparo raso de Raquelilla. A pesar dun inicio frouxo, o Burela foi gañando intensidade e os últimos dez minutos da primeira parte foron para as de Belén Feal, xerando perigo e chegando con máis decisión. Nos instantes finais, Irene recibiu un forte golpe na cabeza que obrigou á entrada dos servizos médicos, aínda que puido recuperarse e saíu no quinteto inicial da segunda metade.
Segunda parte
O Ourense comezou mandando tras o descanso cun disparo de Alice no 22 que obrigou a Ana Eliza a despexar a córner. No 23 chegou o 0-1: Melli rematou dentro da área un pase de Chicky nunha transición rápida iniciada por un saque longo de Ana Romero.
No 25, o Burela apostou por Lara como porteira-xogadora para buscar o empate, pero no 27 chegou o segundo das visitantes: Raquelilla fusilou a portería cun disparo escorado que puxo o 0-2.
Silvia probou sorte no 29 cun tiro case sen ángulo, pero non atopou portería. No 30, Sandra asumiu o rol de porteira-xogadora, e no 35 chegou o 0-3 definitivo: Judith sorprendeu a Ana Eliza cun disparo raso e afastado que entrou pegado ao pau.
Irene estivo a piques de recortar distancias cun saque directo que Ana Romero detivo coas mans. No último minuto, Laura Barranco saíu coa elástica negra nun último intento de marcar, pero o derradeiro disparo, obra de Cris Blanco, volveu atoparse coa gardameta ourensá.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 0-3 Ourense Ontime FSF
Reyco Burela FS (0): Ana Eliza; Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Laura Barranco, Macarena, Silvia Rubal (C), Gabi.
Ourense Ontime (3): Ana Romero; Chicky, Judith, Carla Ayensa, Melli –quinteto inicial-, Riscos, Marta (C), Anita, Ana Rivera, Raquelilla, Alice.
Goles: 0-1, min. 23: Melli. 0-2, min. 27: Raquelilla. 0-3, min.35: Judith.
Árbitros: Gael García // Jonathan Manjón // Amal Alahyene. Por parte do Reyco Burela viron tarxeta amarela Laura Barranco (16’) e Macarena (26’). Por parte do Ourense Ontime, Raquelilla (37’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de 1ª División Iberdrola FS desputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.





















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
