Os populares lamentan que o PSOE estea “máis preocupado por blanquear o caso Tomé” que pola xestión da provincia e de solucionar as necesidades dos lucenses
Lugo, 3 de marzo de 2026. A presidenta do PP lucense, Elena Candia, presidiu esta tarde a xunta directiva do Partido Popular da provincia de Lugo na que participaron os conselleiros Diego Calvo e Fabiola García, unha xuntanza na que o PP de Lugo amosou “a unidade do Partido Popular como alternativa real de goberno fronte a un PSOE inmerso en constantes liortas internas e preocupado por blanquear o caso José Tomé e un BNG unicamente preocupado de manter a vicepresidencia da Deputación”.
Dende o PP de Lugo consideran que o silencio do Partido Socialista xa non é unha opción. “O PSOE non pode seguir escondendo a cabeza nin amparando a José Tomé, ao que manteñen na alcaldía de Monforte. Estamos ante unha querela da Fiscalía, non ante unha simple sospeita. É hora de que dean explicacións aos lucenses sobre se este é o modelo de conduta que defenden para os seus cargos públicos”.
O BNG ATADO Á VICEPRESIDENCIA
Os populares tamén poñen o foco na “incoherencia absoluta” do BNG que mentres se di ser defensor do feminismo “a realidade amosa que o único que lle preocupa é manter os cargos e os salarios”.
“O BNG non ten saída ética; aceptou o voto de Tomé para manterse na vicepresidencia e mantén o seu apoio para non perdela”, denuncian.
Dende o PP de Lugo apuntan ao BNG como “o cómplice necesario para manter a parálise e a deshonra nunha institución que representa a todos os concellos da provincia e que é noticia por escándalos, en lugar de por colaborar dilixentemente con todos os municipios e os seus veciños”.
Para os populares a situación de José Tomé é “insostible”. “A Deputación de Lugo merece unha presidencia libre de calquera sospeita de delitos que atenten contra a dignidade das persoas. A provincia non pode ser noticia nacional por escándalos xudiciais deste calibre. Lugo merece respecto e un goberno centrado na xestión, non na defensa xurídica do seu presidente”.
Ante esta situación, o PP de Lugo amósase “como a opción que garante a estabilidade institucional na Deputación de Lugo, un partido propositivo, que seguirá traballando dende a humildade, a escoita e a coordinación coa convicción de que o proxecto do PP é o futuro da provincia”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



