Os populares esixen solucións “dende a responsabilidade” a un problema que deriva dun “capricho socialista” e que xa ten xerado denuncias por parte dos propietarios dos vehículos afectados
Vilalba, 11 de marzo de 2026. O PP de Vilalba denuncia, unha vez máis, os “numerosos prexuízos” que supuxeron as obras “por capricho socialista” de humanización da rúa da Pravia. “O goberno local de PSOE e Vilalba Aberta leva enterrados xa máis de 1,4M€ e, a pesar de que dixeron que os arranxos solucionarían os problemas nas beirarrúas, está peor que nunca”.
Os populares esixen solucións “dende a responsabilidade” ante os “danos que o pavimento adoquinado da rúa da Pravia provoca nos baixos dos vehículos que estacionan nesta céntrica rúa de Vilalba”. Así mesmo, explican que “xa temos coñecemento de denuncias efectuados por propietarios de vehículos afectados” polo que insisten en condenar unha decisión “por capricho socialista” de gastar diñeiro público en “facer algo que está xerando problemas e queixas continuas entre vilalbeses e visitantes”.
Os concelleiros do PP lembran as “numerosas caídas na rúa da Pravia debido aos adoquíns soltos”, incluso pouco despois de realizar unha nova obra de reparación durante o pasado ano. Así mesmo, esta rúa acumula nos últimos anos máis variedade de danos coma os provocados pola falta dun sistema adecuado de drenaxe das augas pluviais.
Os populares cren que se trata da “rúa do sen-sentido” despois de que cambiara de sentido en función de quen ostente a responsabilidade de goberno na área de mobilidade, o PSOE ou Vilalba Aberta, que dirixiu outros 11.000 euros neste mandato para volver cambiar de sentido o tráfico rodado nesta céntrica rúa.
O PP vilalbés lembra tamén os prexuízos que ten causado ao comercio da zona e o caos para a mobilidade. E teme que outras obras que está a promover o goberno local no casco urbano teñan “un resultado similar: desastroso”.

















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



