Viveiro, 19 de marzo, 2026. O Partido Socialista de Viveiro mantivo contacto co persoal da empresa encargada dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria, despois de coñecer a través dos medios de comunicación a posible convocatoria dunha folga derivada das súas reivindicacións laborais.
Desde a formación socialista trasladan a súa preocupación ante unha situación que podería afectar un servizo esencial para a veciñanza, especialmente nun período de grande afluencia como é a Semana Santa.
O PSOE lembra que hai tres anos, durante o anterior mandato municipal, se negociou o contrato deste servizo mediante un proceso no que o goberno local —encabezado pola entón alcaldesa María Loureiro— mantivo reunións coa empresa concesionaria, cos sindicatos e co persoal traballador. Aquel diálogo permitiu acadar un entendemento entre as partes e evitou un escenario de conflito.
Por este motivo, o Grupo Municipal Socialista solicita á actual alcaldesa que actúe con responsabilidade e abra de inmediato unha vía de diálogo, reuníndose tanto co persoal como coa empresa para escoitar as distintas posicións e facilitar un acordo.
O persoal traballador está a reivindicar os seus dereitos e manifesta disposición ao diálogo, mais o PSOE considera imprescindible que o goberno municipal dea tamén ese paso e exerza o papel de mediación que lle corresponde.
A formación socialista entende que, coa vontade de todas as partes, é posible chegar a unha solución que evite a folga e garanta a continuidade dun servizo fundamental para a cidadanía de Viveiro.
























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



