A Presidenta provincial participou este luns na presentación desta cita, que se celebrará este sábado no campo da festa de Negradas e que organiza a Asociación cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial colabora con 21.000€
Lugo, 16 de marzo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación do II Serán, a cita que se celebrará no campo da festa da parroquia de Negradas este sábado, 21 de marzo. O evento, que inclúe unha ampla e variada programación, está organizado pola Asociación cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial mantén un importante compromiso achegando 21.000€ para financiar actividades coma esta e colaborar cos gastos de mantemento do colectivo.
Carmela López puxo en valor que “a Deputación é o concello dos concellos” e destacou que “apoiar o rural é unha das principais liñas de acción que vertebra o noso Goberno. Por iso, estamos ao carón de entidades coma esta, para que poidan desenvolver actividades que dinamicen as nosas parroquias e contribúan a manter vivas as nosas tradicións”.
Nese sentido, a mandataria agradeceu o esforzo desta Asociación que leva máis de 40 anos realizando diversas iniciativas para fomentar a música e o baile tradicional da man “dos seus grupos compostos tanto por nenos como por adultos”. Recordou ademais que “é a única agrupación deste tipo no concello do Vicedo”.
A programación que hai prevista para celebrar o II Serán inclúe un obradoiro de percusión que impartirá Óscar Fojo, dirixido tanto a público adulto como infantil; un concerto do Grupo Os Carecos; música e baile tradicional da man dos Acordeonistas da Mariña ou Os Netos do Escribano; e unha comida popular, entre outras propostas. Ao acto de presentación desta cita tamén asistiu a presidenta da Asociación, Noelia Piñeiro García, acompañada doutros membros do colectivo, así como outras autoridades.
Apoio ao colectivo
A colaboración con asociación cultural Os do 21 serve para apoiar a súa actividade, como o mantemento das instalacións, a indumentaria e materiais para as actividades culturais, o transporte, a elaboración de carteis para dar publicidade ás súas iniciativas, servizos de asesoría ou os seguros de responsabilidade civil.
Na actualidade, a agrupación folclórica é a única asociación destas características no concello do Vicedo e conta con diferentes grupos segundo as idades dos seus integrantes: As Folerpas, con nenos e nenas de entre 6 e 12 anos; As Faiscas, para mozos e mozas de entre 12 e 15 anos; As Ferriñas, entre 14 e 22 anos; As Furelas, grupo de iniciación para persoas adultas; e Os do 21, que é o grupo adulto.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



