O ente público ratifica o seu impulso ao piragüismo coa posta a disposición desta instalación cuxo principal usuario será o club Kayak
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025. Portos de Galicia, ente público dependente da Consellería do Mar, outorgou unha concesión administrativa a favor do Concello de Foz (Lugo), para a explotación do edificio de deportes náuticos do municipio para a actividade de formación e adestramento, principalmente de piragüismo. O ente público remitiu título administrativo ao Concello no que se inclúe tamén o pantalán flotante desmontable para uso dos deportistas.
O título administrativo contemplará a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100% das taxas ás corporacións locais cando desenvolvan actividades que sexa encadradas entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.
Deste xeito o Concello de Foz, e o club Kayak –principal usuario das instalacións, que participa en competicións a nivel provincial, autonómico e nacional-, poderán utilizar de xeito gratuíto o edificio de máis de 1.300 metros cadrados de superficie así como o pantalán. Esta medida permite un aforro ás arcas municipais case 40.000 euros, que sería o importe que correspondería á ocupación sen exención.
Con esta concesión, Portos de Galicia ratifica o seu compromiso co impulso ás actividades de piragüismo, remo e vela. O ente público dispón a día de hoxe de 37 instalacións en 28 municipios destinadas á práctica destes deportes e en máis do 75% dos casos as concesións ou autorizacións que rexen sobre estes espazos non implican pago de taxas ou benefícianse de bonificacións do 90% do importe.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



