Trabada, 11 de marzo de 2026. O Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición das rutas de sendeirismo organizadas en colaboración coa asociación Trabada paso a paso. Contará con cinco actividades ao longo do ano 2026.
A primeira das rutas terá lugar o domingo 29 de marzo e consistirá nun percorrido polo Camiño Norte de Santiago, cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade media.
A actividade partirá do concello veciño de A Veiga (Asturias) e rematará na parroquia da Ría de Abres, seguindo o trazado do Camiño de Santiago. A saída está prevista ás 10:00 horas desde o centro social da Ría de Abres.
A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 26 de marzo nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982 135 011. Desde a organización lembran tamén que será obrigatorio o uso de chaleco reflectante durante o percorrido.
Ao finalizar a ruta, as persoas participantes poderán ademais desfrutar do Tapeo de Trabada, que se celebrará esa mesma fin de semana no municipio.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia da colaboración co tecido asociativo local para desenvolver este tipo de iniciativas. “A organización destas rutas xunto coa asociación de senderismo Trabada Paso a Paso permítenos ofrecer actividades que fomentan o deporte, os hábitos saudables e a convivencia, ao tempo que contribuímos a dinamizar a vida social do noso concello”, sinalou.
Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas interesadas a participar nesta primeira ruta do ano, coincidindo ademais co inicio da primavera e coa época máis propicia para practicar sendeirismo.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



