Xove, 11 de marzo, 2026. A Asociación Equina A Medela organiza un ano máis —e xa van 27 edicións— a XXVII Ruta Cabalar A Medela, que se celebrará este domingo 15 de marzo no concello de Xove.
A xornada comezará ás 10:00 horas, coa saída dende a igrexa de Sumoas, punto de encontro desde o que os participantes iniciarán unha ruta a cabalo polas paraxes naturais máis destacadas do municipio.
Ao longo da mañá, os xinetes realizarán unha parada a medio percorrido para gozar duns pinchos e repoñer forzas, antes de continuar o camiño de regreso ao punto inicial.
Ás 14:30 horas terá lugar un xantar nunha carpa instalada no campo da igrexa de Sumoas, servido pola Pulpería Mario de Viveiro.
A festa continuará cunha sesión musical de tarde e cun sorteo de agasallos entre as persoas asistentes, poñendo o broche final a un día de convivencia arredor do mundo do cabalo.
Na presentación do evento participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira Mª Dolores Meitín, e os representantes da Asociación Equina A Medela, Leandro Quelle e Rubiños, quen convidaron a todas as persoas afeccionadas aos cabalos e á natureza a sumarse a esta xornada e desfrutar das fermosas paisaxes do concello.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



