Burela, 5 de abril de 2026. O Concello de Burela fai un balance moi positivo da actividade rexistrada durante a Semana Santa, uns datos que confirman a boa evolución do destino e o crecente interese que esperta a vila tanto entre as persoas visitantes como entre a propia veciñanza.
Durante estes días, a ocupación dos hoteis superou o 90 %, mentres que as consultas atendidas na oficina de turismo aumentaron nun 75 % con respecto ao ano 2025. Ademais, todas as rutas programadas acadaron unha ocupación do 100 %, o que reflicte a excelente acollida da oferta impulsada polo Concello para estas datas.
Entre as actividades con maior demanda destacou especialmente a visita ao molde do faro, que se converteu nun dos grandes reclamos desta Semana Santa. A alta demanda obrigou incluso a ampliar a oferta inicial, pasando das 20 prazas previstas nun primeiro momento ás 60 finalmente ofertadas. Xunto a esta proposta, tanto as Xeorutas como a ruta pola Vila do Medio tamén completaron todas as súas prazas.
No caso do barco museo Reina del Carmen, tamén se rexistrou un incremento moi destacado no número de visitas, que superou o 20 % con respecto ao mesmo período do ano 2025.
Dende a concellería de Turismo salientan que estes resultados son unha mostra do impacto positivo do traballo que se vén realizando nos últimos anos. “Estes datos demostran que o traballo que se está a facer dende a área de Turismo vai dando froitos e que, ano tras ano, Burela segue medrando como destino, o que nos fai ser moi optimistas de cara á tempada de verán”, sinalan.
A área de Turismo do Concello de Burela reafirma así o seu compromiso de seguir traballando na posta en marcha de propostas e opcións de lecer atractivas e de calidade, que contribúan a reforzar o atractivo turístico do municipio e a poñer en valor o seu patrimonio cultural e os seus recursos propios. “Seguiremos traballando e poñendo propostas e opcións de ocio para que Burela teña unha oferta turística atractiva e que poña en valor os nosos valores patrimoniais e culturais que, como reflicten os datos, son atractivos tanto para os nosos visitantes como para os propios veciños”, destacou o concelleiro.
Así mesmo, tamén quixeron recoñecer o labor do equipo humano que conforma a área de Turismo do Concello, destacando o seu bo facer e a súa profesionalidade. O departamento continúa xa centrado na preparación da tempada estival, na que leva meses traballando co obxectivo de ofrecer unha programación ampla, variada e pensada tanto para visitantes como para veciños e veciñas.





















A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



