A alcaldesa e o concelleiro de Infraestruturas visitaron as obras e destacan unha actuación centrada na seguridade viaria e na accesibilidade
Vilalba, 30 de abril de 2026. O Concello de Vilalba vén de concluír os traballos de aplicación do aglomerado en quente na rúa Benxamín Paz, completando así a fase clave dunha actuación que supón a transformación integral desta vía do casco urbano.
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron en varias ocasións o avance das obras, unha intervención que mellora de maneira notable tanto a circulación rodada como o tránsito peonil nunha zona de alta afluencia, especialmente pola proximidade ao centro de saúde.
Un firme renovado e máis seguro
A nova capa de rodaxe permite contar cun firme completamente renovado, máis seguro e cómodo, reforzando a funcionalidade dunha rúa de uso diario intensivo. A actuación complétase coa instalación de pasos de peóns sobreelevados, que contribúen a moderar a velocidade do tráfico e facilitan a mobilidade das persoas, especialmente aquelas con mobilidade reducida.
A alcaldesa destacou o alcance da intervención, afirmando que: “esta actuación permite dar un salto cualitativo moi importante nesta rúa, tanto desde o punto de vista da seguridade como da accesibilidade”. Rouco engadiu que o Concello continúa avanzando cara a: “un modelo de vila máis funcional, máis cómoda e pensada para as persoas”.
Pola súa banda, o concelleiro Luis Fernández puxo en valor o impacto directo da obra no día a día da veciñanza e a importancia de seguir mellorando progresivamente os espazos públicos.
Un investimento de máis de 160.000 euros
A intervención, financiada a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos, contou cun investimento superior aos 160.000 euros. Ademais da renovación do firme, incluíu: a reforma das beirarrúas, adaptándoas á normativa de accesibilidade; a modernización do alumeado público con tecnoloxía LED e melloras estéticas e funcionais na contorna
Últimos pasos para completar a obra
Unha vez aplicado o aglomerado, queda pendente o pintado das marcas viais e a instalación da sinalización vertical, traballos que se executarán nas próximas semanas para completar a renovación integral.
Desde o Concello subliñan que esta actuación forma parte dunha liña de traballo continuada orientada á mellora das infraestruturas urbanas e á construción dun casco urbano máis accesible, seguro e adaptado ás necesidades actuais da veciñanza.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



