A alcaldesa, Ana María López, destaca que “es una herramienta fundamental para reforzar la atención en nuestro municipio y contribuirá a garantizar una atención de calidad”
Cariño, 30 de abril, 2026. O Concello de Cariño abriu o procedemento de licitación para a contratación do subministro dun vehículo destinado aos desprazamentos do persoal dos servizos sociais comunitarios. O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas rematará o próximo 14 de maio.
A adquisición responde á necesidade de dotar o departamento de servizos sociais de medios materiais axeitados, dado que actualmente non dispón dun vehículo propio para o desenvolvemento das súas funcións. O novo recurso permitirá mellorar a atención á cidadanía, facilitando desprazamentos máis áxiles e seguros para a prestación dos distintos servizos.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou a relevancia deste investimento sinalando que “este vehículo es una herramienta fundamental para reforzar la atención social en nuestro municipio”.
Así mesmo, López subliñou que “permitirá llegar de forma más rápida y eficaz a las personas que lo necesitan y contribuirá a garantizar una atención de calidad, cercana y adaptada a las necesidades de la población”.
Especificacións técnicas
O contrato contempla a adquisición dun vehículo tipo turismo SUV ou todocamiño, novo ou de quilómetro cero, que cumpra cos requisitos técnicos e medioambientais establecidos nos pregos. Entre as condicións esixidas inclúense características orientadas a garantir a seguridade, a funcionalidade e a comodidade nos desprazamentos do persoal municipal.
Esta actuación conta con financiamento da Deputación da Coruña, que concedeu unha subvención de 20.000 euros no marco do seu programa de apoio á adquisición de vehículos para servizos sociais municipais. O valor estimado do contrato ascende a 22.217,17 euros.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



