Ribadeo, 30 de abril, 2026. A asociación Os Abelleiros de Ribadeo colaborou un ano máis co IES Ribadeo Dionisio Gamallo impartindo a conferencia titulada “A avespa asiática e a importancia de trampear contra as raíñas”. A sesión estivo dirixida ao alumnado de 1º de ESO.
Marcos Villamil, acompañado por Jesús Rodríguez, explicou ao estudantado as características que permiten identificar a Vespa velutina, así como o seu ciclo vital e o seu comportamento. Durante a charla, destacouse o perigo que supón esta especie invasora para as abellas produtoras de mel e para os ecosistemas, nos que desempeñan un papel esencial como polinizadoras. Ademais, amosáronse diferentes tipos de trampas e líquidos atraentes empregados na loita contra esta especie.
Nas próximas semanas, o alumnado de 1º de ESO, guiado polas profesoras Noemí Rego e Susi Besteiro, construirá trampas caseiras utilizando botellas de plástico e preparará o atraínte a base de auga, azucre e lévedo. Algunhas destas trampas colocaranse no xardín do centro educativo, pero —como xa é tradición— cada estudante comprometerase tamén a instalar unha trampa fóra do instituto para capturar raíñas que están a saír da hibernación.
Segundo explican desde o centro, a captura dunha soa raíña evita a creación dun novo niño e, polo tanto, o nacemento de arredor de dúascentas novas raíñas fundadoras. Por este motivo, o IES mantén esta actividade desde a aparición da especie invasora, destacando o valor das accións individuais dentro do conxunto da comunidade.
O IES Ribadeo Dionisio Gamallo agradece a Marcos Villamil e a Jesús Rodríguez a súa colaboración e agarda poder trasladarlles bos resultados das capturas realizadas polo alumnado.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



