A iniciativa, cofinanciada polo FSE+ Galicia 2021-2027 e a Xunta de Galicia, ofrece prácticas remuneradas en empresas locais
Viveiro, 18 de abril de 2026. O Concello de Viveiro vén de abrir a convocatoria do programa de inserción laboral «Fórmate na Empresa», dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos empadroados en Galicia que busquen a súa primeira experiencia profesional ou desexen mellorar o seu perfil nalgún sector estratéxico. Para participar nel, é necesario contar cunha antigüidade mínima dun ano no padrón e estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da comunidade autónoma. A inscrición pode realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no primeiro andar da Casa do Concello.
O programa, cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021-2027 e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ofrece prácticas en empresas de tres meses de duración, con data límite de finalización o 31 de outubro de 2026, e unha axuda económica mensual de 690,66 euros. Ademais da experiencia profesional cun titor na empresa, os participantes recibirán un plan formativo complementario de 20 horas en habilidades clave para o emprego, co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral.
A iniciativa está aberta tamén á participación de empresas do Concello de Viveiro e da contorna mediante a sinatura dun convenio gratuíto, especialmente nos sectores da aeronáutica, agro alimentación, biotecnoloxía, automoción, enerxías renovables, madeira-forestal, metal mecánico, naval, pedra natural, téxtil moda, tecnoloxías da información e da comunicación e calidade de vida e benestar. As empresas interesadas poden contactar a través do correo electrónico informacion.xuvenil@viveiro.gal.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.


