Lugo, 17 de abril de 2026. A XXI edición do Resurrection Fest de Viveiro, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo neste municipio mariñán contará un ano máis cun patrocinio da Deputación de Lugo de 150.000€. Así o anunciou a Voceira socialista, Pilar García Porto, tras a reunión da Xunta de Goberno deste venres e detallou que “demos luz verde a este contrato de patrocinio para apoiar un festival consolidado como un dos grandes referentes internacionais no ámbito do rock e do metal”.
Valorou García Porto que “cada ano, desfrutan deste evento milleiros de persoas chegados de diferentes puntos de España e do estranxeiro, polo que o Resu contribúe a situar a nosa provincia no circuíto dos grandes eventos musicais”. Nese sentido, recalcou que a institución provincial colabora “ano tras ano porque apoiando este tipo de iniciativas estamos apoiando a economía local, xerando emprego e impulsando sectores estratéxicos como a hostalería, o comercio e os servizos”.
Así mesmo, enmarcou este patrocinio dentro da aposta da Deputación por impulsar un turismo sostible, de calidade e de experiencias “que, neste caso, contribúen a dinamizar a comarca mariñá e a todo o conxunto da nosa provincia” reiterou.
Programa
O cartel deste ano, que Pilar García Porto, definiu como “de primeiro nivel” inclúe a actuación de máis de 80 artistas como: Sabaton; A Day To Remember; Thrown; Iron Maiden; Anthrax; Angelus Apatrida; Limp Bizkit; Trivium; Bleed From Within; Marilyn Manson; Mastodon; P.O.D; Blood Incantation; Dogma ou The Vintage Caravan, entre outros moitos. As persoas interesadas en asistir a este evento poden adquirir as súas entradas e consultar a programación ao completo na páxina web: https://www.resurrectionfest.es/






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



