O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participa no quince aniversario deste recurso
Cospeito, 21 de maio do 2026. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, anunciou hoxe a próxima firma dun convenio de colaboración co Concello de Cospeito para a realización de obras de mellora no centro de día, pertencente á rede pública autonómica. Fíxoo coincidindo coa celebración dos 15 anos de actividade deste servizo de atención diúrna, ao que acoden diariamente 40 maiores deste municipio e dos da contorna.
Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde, Armando Castosa, destacou a importancia da colaboración entre institucións para achegar ás persoas maiores, vivan onde vivan, os coidados e servizos que necesitan nesta etapa das súas vidas. Ademais, enmarcou as obras que se acometeran neste centro de día no plan de mellora continua dos equipamentos que forman parte do Consorcio, tanto os dirixidos ás persoas maiores como as escolas infantís.
Por último, o xerente do ente autonómico felicitou ao persoal, usuarios e familiares por este aniversario. Unha celebración que se prolongou ao longo de toda esta semana con diferentes actividades, entre outras, un encontro interxeracional co colexio de Cospeito. Na xornada de hoxe tivo lugar unha actuación musical, entrega de agasallos e un xantar.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



