Os deputados populares afirman que PSOE e BNG non poden seguir mantendo a Tomé na Deputación e na alcaldía de Monforte e “teñen a obriga de poñerse do lado do feminismo e das mulleres afectadas”
Lugo, 21 de maio de 2026. Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixen á presidenta da Deputación, Carmela López, explicacións urxentes e tome medidas inmediatas en relación á situación de José Tomé, investigado por un presunto delito de acoso sexual.
A situación “xa era grave” pero agora tras coñecer a ratificación da denuncia por parte da muller que sufriu o suposto acoso por parte de José Tomé e que podería haber dúas denunciantes máis, “confírmase a gravidade dunha situación que non admite máis demoras nin silencios cómplices por parte do goberno provincial de PSOE e BNG”.
“Ata cando pensa seguir sen facer nada Carmela López?”, preguntan os populares, censurando a “pasividade absoluta” da presidenta da Deputación á hora de manter a José Tomé na institución provincial, ao tempo que o PSOE o sostén como alcalde de Monforte de Lemos.
Os deputados populares amosan a súa “fonda preocupación” pola imaxe que se está a transmitir da Deputación de Lugo, onde se mantén o sillón e o soldo a un presunto acosador sexual, “o que está a manchar notablemente á institución e á provincia”.
Para os populares é “intolerable” que o PSOE e Carmela López “sigan a amparar” a esta persoa, “empregando para iso a Deputación de Lugo e o Concello de Monforte como escudo” para protexer a unha persoa sobre a que pesan acusacións tan graves.
Desde o Grupo Provincial Popular instan a Carmela López a actuar de inmediato, a poñerse do lado do feminismo e das mulleres afectadas e “apartar a José Tomé de calquera responsabilidade e representación institucional de xeito fulminante”. “O silencio xa non é unha opción; cada día que pasa sen tomar decisións, a presidenta da Deputación convértese en cómplice política desta situación”, conclúen.

















Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica. A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.
Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.



