Ribadeo, 6 de maio de 2026. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos lanza o Pasaporte, unha nova campaña para dinamizar o comercio e a hostalería locais entre o 8 de maio e o 14 de xuño. O broche final será o sorteo, ante notario, dunha viaxe a Lanzarote.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “Ribadeo prepárase para vivir unha experiencia comercial única co lanzamento da nova campaña impulsada por Acisa e denominada o Pasaporte. Trátase dunha iniciativa que combina compras, lecer e premios para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais durante máis dun mes, agora que chega o bo tempo e que os días son grandes e convidan a facer máis vida na rúa”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense explicou que “desde o 8 de maio ata o 14 de xuño, veciñanza e visitantes poderán participar nesta proposta dinámica que premia a fidelidade nos negocios de proximidade. A mecánica é sinxela: as persoas participantes deberán completar un pasaporte con 10 selos diferentes —4 de comercios e 6 de establecementos de hostalería ou servizos— en negocios asociados a Acisa Ribadeo. Póñense en circulación 20.000 pasaportes para esta novidosa campaña. Entre todos os pasaportes correctamente cubertos sortearase un atractivo premio: unha viaxe para dúas persoas a Lanzarote, cunha estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, incluíndo voos e equipaxe. O sorteo, ante notario, celebrarase o 14 de xuño ás 14:00 horas na Rúa San Francisco, nun evento público que contará con animación musical e que converterá a xornada nunha auténtica festa do comercio e da hostalaría locais”.
Cruzado Iglesias sinalou que “ademais ese mesmo día as persoas participantes poderán gozar da Ruleta da Sorte, con máis de 1.000 premios directos, engadindo emoción e recompensas inmediatas á campaña. A ruleta estará instalada no mesmo lugar dende as 11:00 ata as 14:00 horas. Rematará co fin de existencias dos premios. Haberá diferentes agasallos en xogo coma parasoles para o coche, mochilas, bolsas de praia, gorras, bolígrafos, blocks de notas, chaveiros ou camisetas, cun novo deseño da nosa querida vila, de Ribadeo, que serán perfectos para usar este verán”.
A presidenta de Acisa engadiu que “con esta acción Acisa Ribadeo aposta por unha fórmula diferente que non só impulsa as vendas, senón que tamén reforza o vínculo entre a clientela e os negocios locais, promovendo un modelo de consumo sostible e de proximidade. O Pasaporte non é só unha campaña, é unha invitación a descubrir, gozar e apoiar o tecido comercial de Ribadeo”.
Pérez Prada anunciou que “esta é a primeira de varias das actividades que presentamos este ano, para conmemorar e celebrar coa nosa clientela o premio nacional de comercio interior que acadamos de recibir en Toledo. E qué mellor forma de facelo que co pasaporte dunha viaxe a Lanzarote durante 4 días con todo incluído. Os sorteos das viaxes que facemos desde Acisa son un auténtico reclamo para toda a clientela da contorna. Animámosvos a participar nesta nova campaña da nosa asociación coa que queremos encher de Acisa e de cor as praias e as rúas este verán”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



