Burela, 29 de maio, 2026. A CIG-Saúde da Mariña denuncia que a unidade de hospitalización de Medicina Interna está a rexistrar temperaturas medias de entre 29 e 31 graos, “o que incumpre a normativa legal vixente sobre as máximas autorizadas non só nun centro asistencial senón en calquera lugar de traballo”.
Segundo explica a organización sindical, esta excesiva calor, que supera o límite estimado para risco de tensión térmica (a partir de 27 ºC), está a afectar traballadores/as, pacientes e usuarios/as, e advirten de que existe un risco potencial de desmaio por estas condicións.
A CIG lembra que a normativa establece que:
En traballos sedentarios (como oficinas): a temperatura debe situarse entre 17 e 27 ºC.
En traballos lixeiros ou máis intensos: entre 14 e 25 ºC.
A Xerencia, informada “polas canles oficiais”
O sindicato subliña que “os e as profesionais levan tempo demandando unha solución para unha situación que se repite todos os veráns”, e asegura que “a Xerencia de Lugo-Cervo-Monforte é coñecedora polas canles oficiais do que está a acontecer, onte xoves novamente por parte da CIG Saúde nunha xuntanza coa Dirección e mediante escrito presentado pola central nacionalista con número de rexistro 1.254”.
Advertencias sobre saúde laboral
A CIG cita o Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo, dependente do Ministerio de Emprego, que sinala que unha temperatura inadecuada —especialmente por riba dos 27 ºC— pode provocar catarros, molestias, incomodidade e unha diminución do rendemento laboral, ademais de afectar ao benestar dos traballadores/as.
Medidas inmediatas
O sindicato reclama á Xerencia de Lugo-Cervo-Monforte que cumpra a lexislación vixente en prevención de riscos laborais e adopte medidas correctoras urxentes para solucionar esta situación.
Advirten de que, se non se actúa, presentarán denuncia ante a Inspección de Traballo.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


