A alcaldesa, Ana María López, sinala que “seguimos trabajando para ofrecer un servicio turístico de calidad que contribuya a dinamizar la economía local y a consolidar a Cariño como un destino de referencia”.
Cariño, 27 de maio, 2026. O Concello de Cariño vén de sacar a licitación o servizo profesional de información turística para a Oficina de Turismo municipal correspondente ao ano 2026, unha actuación que permitirá reforzar a atención ás persoas visitantes e continuar impulsando a promoción turística e económica tanto do municipio como do conxunto da comarca durante os meses de verán.
Esta contratación conta cunha subvención concedida pola Deputación da Coruña por importe de 12.039,46 euros, destinada a financiar os gastos de persoal das oficinas de turismo durante o presente exercicio. O contrato contempla a prestación do servizo durante un período de tres meses e medio, cun orzamento base de 9.949,96 euros sen IVE que ascende aos 12.039,46 euros co imposto incluído.
A Oficina de Turismo de Cariño, situada na Casa do Concello, desempeña un papel fundamental non só na promoción do municipio, senón tamén na difusión turística da comarca e da provincia, facilitando información ás persoas visitantes sobre os diferentes recursos e atractivos do territorio. Así mesmo, é importante destacar o papel do Xeoparque Cabo Ortegal como elemento estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico da zona.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, subliñou que “desde el Concello seguimos trabajando para ofrecer un servicio turístico de calidad, profesional y cercano, que contribuya a dinamizar la economía local y a consolidar a Cariño como un destino de referencia”.
Así mesmo, a rexedora sinalou que “la Oficina de Turismo es una herramienta esencial para poner en valor nuestro patrimonio natural, cultural y paisajístico, especialmente en un momento en el que crece el interés por el Xeoparque Cabo Ortegal, uno de nuestros grandes recursos”.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



