Cervo, 27 de maio, 2026. O Concello de Cervo, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, veñen de asinar un convenio para organizar conxuntamente a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote». O acto de sinatura tivo lugar no Concello de Cervo e contou coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramés; do coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro Pita; e da coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.
A mostra poderá visitarse do 4 de xuño ao 10 de xullo na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cervo. No mes de xuño abrirá de luns a xoves, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h; e en xullo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
A exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»
A mostra propón un percorrido pola mirada lúcida e irónica dun dos grandes mestres do humor gráfico español. A través de debuxos, viñetas e reflexións visuais, Mingote retrata con elegancia e sátira a sociedade do seu tempo.
A súa traxectoria profesional foi extensa e recoñecida. Publicou o seu primeiro debuxo con só 13 anos e colaborou en medios como La Codorniz, ABC, The New York Times, The Daily Telegraph, Blanco y Negro, Semana, Ínsula ou Interviú. Ademais de debuxante, foi xornalista e novelista, con máis de corenta obras publicadas e participación en teatro, cine e televisión. Entre os seus numerosos recoñecementos destacan o seu ingreso na Real Academia Española, a Cruz de Caballero da Orde de Isabel a Católica, o Premio Nacional de Xornalismo ou a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo.
Esta colaboración enmárcase no proxecto «Corrente cultural», co que Afundación impulsa a difusión da arte en Galicia, levando propostas culturais ás vilas e ampliando a oferta máis alá das súas sedes principais.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.


