Cervo, 2 de maio de 2026. O Concello de Cervo será sede o vindeiro 10 de maio do Campionato Provincial de XOGADE, que se disputará pola mañá nas pistas municipais de atletismo da Veiga.
A presentación tivo lugar nas propias instalacións, coincidindo coa cuarta e derradeira proba preparatoria do programa. No acto participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Cadramón; o delegado da Federación Galega de Atletismo, Pablo Gandoy; e os concelleiros Mali Méndez e Alfredo Fernández.
Durante a presentación destacouse a excelente calidade das pistas da Veiga para acoller unha competición deste nivel, así como a capacidade organizativa do municipio para desenvolver eventos deportivos de primeiro orde.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, agradeceu á Xunta de Galicia a confianza depositada novamente en Cervo e subliñou que “é unha satisfacción que o noso municipio sexa de novo escenario dunha proba provincial, o que demostra o nivel das nosas instalacións e o valor do traballo conxunto de clubs e institucións para impulsar o deporte base”.
Engadiu tamén que “acoller este campionato é unha oportunidade para seguir posicionando Cervo como referente no atletismo e para dinamizar o municipio coa chegada de deportistas, familias e acompañantes durante toda a xornada”.
O Campionato Provincial de XOGADE reunirá en Cervo a numerosos escolares de toda a provincia, convertendo o municipio nun punto clave para o deporte base e reforzando a aposta do Concello pola promoción da actividade física entre a mocidade.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



