Ribadeo, 18 de maio, 2026. O Consello da Xunta aprobou o proxecto de acordo que autoriza a aceptación do terreo cedido polo Concello de Ribadeo, de maneira gratuíta, para construír o novo centro de saúde da localidade.
A parcela cedida, situada na avenida da América s/n, conta cunha superficie de 3.991 m². A Xunta prevé investir arredor de 7 millóns de euros na execución desta nova infraestrutura sanitaria, que ampliará o espazo actual dos 1.987 m² ata aproximadamente 2.800 m², incorporando máis consultas, mellores circuítos asistenciais e novos servizos.
O futuro centro de saúde disporá de seis consultas de medicina xeral, seis de enfermería, sala de toma de mostras, consulta de farmacia e dúas salas de técnicas para ecografías, espirometrías e cirurxía menor. Tamén contará cun despacho para o traballador social e unha sala de xuntas/biblioteca.
No ámbito materno-infantil, incluirá consulta de pediatría, enfermería pediátrica, consulta para a matrona, espazo para o programa da muller e unha sala de educación sanitaria.
Co obxectivo de ofrecer unha atención máis integral e multidisciplinar, o centro incorporará odontoloxía, consulta para hixienista, fisioterapia e radioloxía.
O PAC tamén verá reforzados os seus espazos, con sala de observación, box de críticos, dúas consultas de medicina xeral e unha de enfermería. Ademais, reservarase espazo para o 061.
Tras a aceptación dos terreos, o seguinte paso será formalizar a cesión en escritura pública e, posteriormente, licitar a redacción do proxecto construtivo. A previsión da Xunta é aprobar o proxecto ao longo do próximo ano e licitar as obras da nova infraestrutura de atención primaria.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



