“É preciso tamén un cambio de modelo de vivenda protexida e regular as VUT”
Mondoñedo, venres 8 de maio 2026. O BNG celebrou en Mondoñedo unha xornada sobre a vivenda, que se suma a outras que desenvolveron na comarca e máis que van a realizar, dado que é un dos problemas máis acuciantes que está a sufrir A Mariña, especialmente a xente moza. Na xornada, titulada “A vivenda nos cascos históricos. Retos e solucións” ademais dos concelleir@s Pepa Carballeira e Eloi Cabanas e o deputado Daniel Castro, participaron tamén o arquitecto Xaquín Moreda González, concelleiro de Servizos Urbanos no concello de Pontevedra que falou sobre “A recuperación do espazo público para as persoas”. A doutora en Xeografía e Historia pola USC, María Xosé Piñeira disertou sobre “Os desafíos do centro histórico vivo: habitar, comerciar e permanecer”.
Área Rexurbe: A Xunta non ten capacidade nin vontade de executala nos prazos anunciados
A área de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe) deseñada para o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares (rúa Álvaro Cunqueiro, San Roque e a parte alta da estrada dos Remedios) foi un dos temas que se analizou tamén nesta xornada.
Eloi Cabanas sinalou que non se están cumprindo os prazos de execución dados pola propia Consellería nas intervencións programadas na área Rexurbe de Mondoñedo e o Plan de Dinamización da área de rexeneración aprobado polo Consello da Xunta tampouco se está respectando. Estes retrasos foran denunciados hai xa un ano no Parlamento polo deputado mariñao Daniel Castro, pedindo explicacións e esixindo prazos concretos de intervención ante unha situación que os nacionalistas non consideran asumible despois de máis de cinco anos desde a súa declaración pola Xunta, que prevía tamén un prazo de execución de 20 meses na anualidade 2020-2024, con actuacións previstas para 13 inmobles. Así mesmo ía aparellado un Plan de Dinamización 2021-2024, que tampouco se levou adiante. Para o BNG “é inconcebible que ate agora os avances foran mínimos cando é a propia Xunta quen se marcou os prazos, e nunha cidade coma Mondoñedo que foi o primeiro concello declarado Área Rexurbe” manifestou Eloi Cabanas.
Accesibilidade, sostebilidade, mobilidade activa, peonalización, rehabilitación e rexeneración de espazos
O arquitecto Xaquín Moreda, concelleiro en Pontevedra, centrou a súa intervención no traballo desenvolvido na súa cidade , especialmente no que tén que ver coa recuperación dos espazos urbanos para as persoas para transformar as cidades, priorizando ao peón sobre o vehículo, fomentando a socialización, a accesibilidade e a sostebilidade, con espazos de encontro, mobilidade activa e a penalización e humanización, e todo nun contexto de rehabilitación e rexeneración de espazos degradados, seguindo normativas como a Lei 1/2019, da que emana o Rexurbe, no que a cidade de Mondoñedo é pioneira.
Os prezos da vivenda corren máis ca o incremento dos salarios
Pola súa banda, a doutora María Xosé Piñeira aportou datos tales como que o esforzo financeiro que teñen que facer as familias para acceder á vivenda e que na maior parte dos casos supera o 30% dos seus ingresos, porque os prezos da vivenda corren máis que o incremento dos salarios, estes subiron un 21%, pero as vivendas en compra un 24,3% e en alugueiro un 24,7%.
Referiuse tamén á evolución de vivenda e creación de fogares e subliñou que no período 2020-2024, os fogares incrementáronse nun 22%, cunha etapa até 2007 no que a creación de vivenda era moi superior á creación de fogares, tendencia que mudou a partir dese ano, dende o que se rexistra un decrecemento importante no número de vivendas construídas, evidenciando un desequilibrio, xa que hai creación de fogares, pero non hai creación de vivenda.
Cambio de modelo de vivenda protexida e regular as VUT
Piñeira explicou tamén que á hora de asentar unhas bases para unha política pública de vivenda é necesario focalizar a atención en rehabilitar en lugar de construír de novo, que non significa que non se siga construíndo. Tamén apelou a atender a un cambio de modelo de vivenda protexida para que esta conte con cualificación permanente e a regular as VUT e o alugueiro turístico.
Defendeu tamén políticas diferenciadas para as contornas urbanas, periurbana e rural, ao seren territorios cunhas problemáticas e unhas casuísticas totalmente diferentes.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



